O mozo catalán condenado por aldraxes a España tras arriar a insignia monárquica que se atopaba no balcón do Concello de Terrassa (Barcelona), tras un proceso xudicial que se estendeu durante perto de catro anos, foi encarcerado esta mañá, tras comunicar formalmente ás autoridades locais a decisión adoptada polo tribunal Supremo, quen decidiu fai uns días inadmitir —sen pronunciarse— a trámite o recurso da defensa, ratificando así lacondena imposta a dous anos e sete meses de cárcere.
O mozo foi detido esta mañá por efectivos da policía autonómica catalá —unha unidade dos Mossos d’Esquadra— e trasladado ao cárcere Modelo de Barcelona, onde ingresou pasadas as doce do mediodía.
Nada máis saberse a noticia, algo máis dun centenar de persoas concentráronse espontaneamente diante das portas do cárcere, a modo de protesta por ladecisión xudicial.
En medios próximas á defensa de «Franki», o procedemento utilizado pola Administración do Estado causou certo estupor, xa que en lugar dunha detención policial forzada, esperábase máis ben que a emisión dunha notificación escrita, á que o mozo puidese responder sen tratar de evadir a acción da Xustiza —trátase dun traballador, con familia e un máis que considerable arraigamento na zona, que ademais respectou puntualmente aos anteriores chamamentos— polo que as posibilidades de fuga resultaban moi remotas.
Precisamente nestes días, a defensa de «Franki» atópase ultimando os termos do recurso que se presentará diante do Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo, acción legal que se esperaba, puidese impedir o ingreso en prisión.
O xoves pasado, un centenar de persoas secongregaron fronte ao Concello de Terrasa, para mostrar o seu apoio ao mozo, portando pancartas nas que se podía ler: «Franki quédase na casa».






